castelángalegoinglés
Citic_logo
Citic_location_map
Centro de investigación TIC
Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña - España
Tel. +34 981 16 70 00
Fax. +34 981 16 70 92
citic@citic-research.org

VARPA

VARPA

VARPA é o acrónimo de Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns, un grupo de investigación dentro do  Departamento de Computación daUniversidade da Coruña (UDC). Os membros de LIDA desenvolven as súas actividades docentes e de investigación sobre o desenvolvemento de aplicacións baseadas en técnicas de visión por computador e procesado dixital de imaxes.

A investigación do grupo nos últimos anos centrouse en:

  • Análise de imaxe médica, en especial no campo da oftalmoloxía (retinografías, OCT) e no campo da óptica. O obxectivo é desenvolver ferramentas de axuda ao diagnóstico que proporcionen un procesado das imaxes automático, repetible e obxectivo. Neste sentido, desenvolvemos ferramentas para a monitorización de diversas patoloxías, non só oculares como a dexeneración macular asociada coa idade (DMAE), senón tamén con outras enfermidades, tales como a diabetes e como a hipertensión.
  • Desenvolvemento de aplicacións de xestión no entorno médico. Temos experiencia desenvolvendo aplicacións específicas para o ámbito médico, incluíndo xestión de pacientes e análise estatística de variables.
  • Biometría. O grupo VARPA desenvolveu unha metodoloxía de autenticación biométrica baseada na árbore retiniana, un patrón moi difícil de falsificar e estable a través do tempo.
  • Análise automática de xestos en imaxes ou vídeos. O grupo VARPA desenvolve técnicas de análises xestual co obxectivo de facilitar a interacción home-máquina ou para interpretar as distintas expresións faciais.

Investigador Principal: Manuel Francisco González Penedo

<< ver todoshttp://www.varpa.esvisitar web

O CENTRO

ÁREAS TECNOLÓXICAS

ACTIVIDADE

OFICINA DE PRENSA

CONTACTO

INTRANET

FUNDACIÓN