castelángalegoinglés
Citic_logo
Citic_location_map
Centro de investigación TIC
Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña - España
Tel. +34 981 16 70 00
Fax. +34 981 16 70 92
citic@citic-research.org

LIDIA

LIDIA

LIDA é o acrónimo de Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial, un grupo de investigación dentro do Departamento de Computación da Universidade da Coruña (UDC). Os membros de LIDA desenvolven as súas actividades docentes e de investigación sobre aspectos tanto teóricos como prácticos da Intelixencia Artificial desde o ano 1990.

A investigación do grupo nos últimos anos centrouse en:

  • Algoritmos de aprendizaxe automática
  • Técnicas de usabilidade e validación de sistemas software

Á súa vez, desenvolve solucións informáticas a problemas complexos en áreas tan diversas como:

Enxeñaría:

  • Mantemento predictivo para dispositivos mecánicos.
  • Control de procesos industriais.
  • Deseño en enxeñaría civil.

Socioeconomía e medio ambiente:

  • Predición do risco de incendios.
  • Xestión de recursos de extinción.
  • Soporte á decisión na xestión e coordinación de recursos escasos.

Saúde:

  • Axuda á decisión para a prescrición e supervisión personalizada de actividade física.
  • Diagnóstico e prognóstico do estado antenatal. Telemonitorización desde centros de saúde.
  • Diagnóstico, clasificación e monitorización de pacientes con síndrome de apnea en soño.
  • Monitorización intelixente para pacientes en UCI.

Informática:

  • Validación e usabilidade de software.
  • Seguridade informática, especialmente no desenvolvemento de técnicas de detección de intrusos en redes de computadores.

LIDA está incluído no catálogo de Grupos de Excelencia da Comunidade Autónoma de Galicia e no programa de Estruturación e Consolidación de Grupos de Referencia Competitiva, que a Xunta de Galicia concede en réxime de concorrencia competitiva para premiar a excelencia investigadora.

Investigadora Principal: Amparo Alonso Betanzos

<< ver todoshttp://www.lidiagroup.orgvisitar web

O CENTRO

ÁREAS TECNOLÓXICAS

ACTIVIDADE

OFICINA DE PRENSA

CONTACTO

INTRANET

FUNDACIÓN