castelángalegoinglés
 
 
 
CITIC - Centro de Investigación TIC  
youtube_citic  linkedin_citic   facebook_citic   twitter_citic   google+_citic  Universidade da Coruña

IRLab

IRLab

IRLab é o acrónimo de Information Retrieval Lab (Laboratorio de Recuperación de Información), un grupo de investigación dentro do Departamento de Computación da Universidade da Coruña (UDC). Os membros de IRLab desenvolven as súas actividades docentes e de investigación sobre o desenvolvemento de novos modelos e técnicas para mellorar a eficacia e eficiencia dos sistemas de recuperación de información tanto en entornos webcomo a través de dispositivos móbiles.

A investigación do grupo nos últimos anos centrouse en fundamentos de:

  • Recuperación de información; web e dispositivos móbiles mediante técnicas de crawling, indexación, ...
  • Eficiencia en sistemas de almacenamento e procesado da información.
  • Técnicas de recuperación de información distribuídas e tarefas como web retrieval, multimedia retrieval, clasificación documental, xeración de resumos, etc.
  • Desenvolvemento de Aplicacións para dispositivos móbiles (IOS, Android, ...)
  • Investigación.

Froito desta investigación o grupo desenvolveu novas ferramentas, modelos e utilidades que á súa vez foron integradas nos produtos software desenvolvidos polo propio Grupo.

O grupo participou en varios proxectos, redes e plataformas conxuntas con prestixiosos grupos de investigación, empresas e institucións a nivel autonómico, nacional e internacional. A calidade investigadora do grupo vese reflectida polas numerosas publicacións nos congresos de referencia da área ACM-SIGIR, ACM-CIKM, ACM-SAC, ECIR, SPIRE, etc. e en revistas de alto impacto como   ACM-TOIS, Information Retrieval, JASIST, Information Systems, etc.

Investigador Principal: Álvaro Barreiro García (ACM Senior Member)

<< ver todoshttp://www.irlab.org/visitar web

O CENTRO

ÁREAS TECNOLÓXICAS

Proxectos I+D

ACTIVIDADE

OFICINA DE PRENSA

FUNDACIÓN

CONTACTO