castelángalegoinglés
 
 
 
CITIC - Centro de Investigación TIC  
youtube_citic  linkedin_citic   facebook_citic   twitter_citic   google+_citic  Universidade da Coruña

Instalacións

O CITIC conta con dous edificios modulares e intelixentes cunha superficie de 3.200m2distribuídos en plantas diáfanas configurables para o desenvolvemento de actividades de I+D e nas que se aloxan empresas, investigadores e colaboradores.

Nestas instalacións disponse de laboratorios de investigación e zonas para o desempeño daactividade de I+D+i e áreas tan relevantes como:


Centro de despregue

Centro de despregue

Centro de Proceso de Datos (CPD) con equipamento actualizado e heteroxéneo tanto a nivel hardware como software sobre o que se realizan probas, pilotos, demostradores e despregamentos precomerciais.

Laboratorio de Vídeo Digital

Laboratorio de Vídeo Digital

Equipamento profesional en toda a cadea do audiovisual que permite a adquisición, distribución e consumo en distintos escenarios da televisión dixital interactiva (DVB-T, DVB-C, IPTV, DVB-H).

Estación de emisión de TDT (DVB-T, DVB-H)

Estación de emisión de TDT (DVB-T, DVB-H)

Estación de emisión de contidos e servizos experimentais de TDT (DVB-T) e televisión móbil (DVB-H), conectada ao Laboratorio de Vídeo Dixital e con licenza experimental do Ministerio de Industria.

Laboratorio de imaxe médica

Laboratorio de imaxe médica

O Laboratorio de Imaxe Médica conta con diferentes dispositivos destinados ao desenvolvemento de proxectos no ámbito clínico.

Laboratorio de Utilizabilidade - Living Lab

Laboratorio de Utilizabilidade - Living Lab

Plataforma de observación do uso de novas tecnoloxías no fogar dixital conectado. Recrea un apartamento moderno en que se validan escenarios reais de despregamentos tecnolóxicos.

O CENTRO

ÁREAS TECNOLÓXICAS

ACTIVIDADE

OFICINA DE PRENSA

CONTACTO

INTRANET

FUNDACIÓN