castelángalegoinglés
 
 
 
CITIC - Centro de Investigación TIC  
youtube_citic  linkedin_citic   facebook_citic   twitter_citic   google+_citic  Universidade da Coruña

Unidades de apoio

O CITIC puxo en marcha tres Unidades de Apoio fundamentais para o desenvolvemento da súa actividade. Ademais constitúen un elemento crave para construír un modelo de Centro máis ambicioso.

 

» Oficina de Proxectos e Garante da Calidade

É a Unidade encargada de centralizar e coordinar a dirección de proxectos así como garantir a política de calidade e I+D+i na organización.

Entre as actividades da QAPO (Quality Assurance & Project Office) pódense destacar:

  • Xestión da Carteira de Proxectos do CITIC 
  • Soporte a Investigadores e empresas en Xestión de Proxectos
  • Fortalecemento da actividade de I+D
  • Definición e mantemento de procedementos e directivas de traballo.
  • Mellora Continua como resultado dunha metodoloxía baseada na ISO9001, UNE166002, CMMI, PMBok, ...

 Contacto

 

» Oficina de Promoción tecnolóxica

É a Unidade encargada da promoción tecnolóxica, a creación dunha imaxe de marca CITIC recoñecida, mantemento dunha presenza activa do CITIC en distintos foros galegos, estatais e internacionais, e a captación de recursos para o centro, especialmente de natureza privada.

Esta unidade participa activamente no fortalecemento da actividade de I+D a través do seu tres liñas de actuación: Comunicación, Marketing & Promoción e Comercial.

Contacto

 

» Oficina de Xestión Económica e Administrativa

É a encargada das tarefas administrativas e de xestión económica do CITIC. Aínda que esta unidade non ten unha incidencia directa no fortalecemento da actividade de I+D, resulta crucial para descargar os labores económico-administrativos dos investigadores.

Contacto

O CENTRO

ÁREAS TECNOLÓXICAS

ACTIVIDADE

OFICINA DE PRENSA

CONTACTO

INTRANET

FUNDACIÓN