castelángalegoinglés
 
 
 
CITIC - Centro de Investigación TIC  
youtube_citic  linkedin_citic   facebook_citic   twitter_citic   google+_citic  Universidade da Coruña

Transferencia

Dende o CITIC entendemos que o proceso de transferencia de coñecemento e tecnoloxía resulta imprescindible nos seus dous modelos; transferencia interna e externa.

Realizamos diferentes actividades para fomentar a transferencia tecnolóxica e de coñecemento:

  • Acordos de cooperación entre diversas OTRIs (Oficinas de Transferencia de Resultados de Investigación) e Unidades de Transferencia para pór en común a produción científica dos diferentes Grupos de Investigación.
  • Activamos acordos con elementos vivos do sistema como as cámaras de comercio ou diferentes agrupacións empresariais.
  • Show Rooms que serven para dar a coñecer de forma práctica diferentes avances tecnolóxicos ou produtos que se atopan na pre-fase á súa comercialización
  • Workshops con empresas e grupos de investigación
  • Charlas informativas, exposicións, xornadas de portas abertas
  • Cursos formativos e colaboracións con cursos universitarios
  • Visitas a Centros tecnolóxicos, grupos de investigación externos e empresas.
  • ...

A través das actividades descritas algúns dos resultados a obter son:ç

  • Contratos de I+D
  • Proxectos con empresas
  • Patentes comercializadas ou cedidas a terceiros para a súa comercialización
  • Licencias
  • Desenvolvemento de empresas de base tecnolóxica (EBTs)
  • Acordos de colaboración con empresas e outros grupos de investigación.
  • Publicacións, eventos e actos de difusión, convenios internacionais, etc.

O obxectivo proposto mediante a transferencia tecnolóxica e de coñecemento é o de facilitar ás empresas o acceso aos resultados dos grupos de investigación que conforman o CITIC co fin de que poidan incorporalos ao seu sistema produtivo, beneficiándose dun valor engadido.

O CENTRO

ÁREAS TECNOLÓXICAS

ACTIVIDADE

OFICINA DE PRENSA

CONTACTO

INTRANET

FUNDACIÓN