castelángalegoinglés
 
 
 
CITIC - Centro de Investigación TIC  
youtube_citic  linkedin_citic   facebook_citic   twitter_citic   google+_citic  Universidade da Coruña

Presentación

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) é un Centro Tecnolóxico impulsado pola Universidade da Coruña, para fomentala I+ D+i aplicada nas TIC e situado no Parque Tecnolóxico da UDC, Campus de Elviña.

O CITIC é un punto de encontro entre Universidade e empresa, na que se combinan departamentos de I+D+i de empresas con investigadores universitarios, proporcionando un entorno mixto que posibilita a colaboración e a transferencia de coñecemento.

Actualmente, no CITIC traballan en distintos proxectos de I+D máis de 100 investigadores dos sectores público e privado nunhas instalacións formadas por dous edificios modulares e intelixentes (3.200m2) configurables para o desenvolvemento de actividades de I + D dos nosos investigadores, empresas e colaboradores.

Dentro das nosas actividades destácanse tarefas tan importantes como:

  • Transferencia tecnolóxica e de coñecemento
  • Proxectos de I+D
  • Programas completos de Calidade na I+D+i (ISO9001 e UNE166002)
  • Vixilancia Tecnolóxica
  • Potenciala innovación empresarial a través de proxectos conxuntos
  • Promovemos a relación Universidade-Empresa
  • I+ D+i aplicada no desenvolvemento e aplicación do software

 

O CENTRO

ÁREAS TECNOLÓXICAS

ACTIVIDADE

OFICINA DE PRENSA

CONTACTO

INTRANET

FUNDACIÓN