castelángalegoinglés
 
 
 
CITIC - Centro de Investigación TIC  
youtube_citic  linkedin_citic   facebook_citic   twitter_citic   google+_citic  Universidade da Coruña

Participación

Somos un elemento activo no que sucede a nivel global en materia TIC. É por iso que formamos parte activa do World Wide Web Consortium (W3C) e compartimos traballo innovador con empresas globais tan importantes como Google, Apple, Yahoo, Microsoft, Nokiao IBM; con Centros como o CERN, IA Japan, Kyoto Institute of Technology ou o Yale SenseLab; e con Universidades como Oxford, Princeton, USC/ISI o Cambridge.

A súa vez, debemos ser unha parte activa do que sucede ao noso arredor en materia TIC. O CITIC forma parte de diferentes plataformas tecnolóxicas como Vindeira (Plataforma Tecnolóxica do TIC);   I+Dea (Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega); Retgalia  (Rede de Centros Tecnolóxicos de Galicia) e Neurona (Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas).

Coa nosa participación nos diferentes foros tecnolóxicos e sociais pretendemos dinamizar a investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica.

Co fin de potenciar a participación dos diferentes axentes do sector TIC proporcionamos nas nosas instalacións un espazo común de relación empresa e Grupos de Investigación que permite a transferencia mutua de coñecemento.

Apostamos por fomentar a cultura da innovación nas empresas e pola Open Innovation, que se basea na mellora da cooperación entre Centros Tecnolóxicos.

O CENTRO

ÁREAS TECNOLÓXICAS

ACTIVIDADE

OFICINA DE PRENSA

CONTACTO

INTRANET

FUNDACIÓN