castelángalegoinglés
Citic_logo
Citic_location_map
Centro de investigación TIC
Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña - España
Tel. +34 981 16 70 00
Fax. +34 981 16 70 92
citic@citic-research.org

Empresas no CITIC

Como Centro de Investigación do sector das tecnoloxías da información e comunicacións, o CITIC traballa co obxectivo de dinamizar a sinerxía ciencia-tecnoloxía e como punto de encontro Universidade-empresa, proxectando o I+D+i cara á área empresarial mediante a transferencia de tecnoloxía.

O CITIC conta cunhas instalacións duns 3.200m2 repartidos en 2 edificios singulares. Estes edificios están destinados á realización das actividades científicas, tecnolóxicas e de I+D+i . Así mesmo, conta con espazos orientados a aloxar empresas do sector TIC para que poidan desenvolver as súas actividades tecnolóxicas con apoio do CITIC e dos grupos de investigación que o conforman.

A localización destas empresas estratéxicas do sector TIC no Centro realízase mediante a sinatura de contratos-programas que permiten a presenza física de departamentos de I+D+i  no propio CITIC. Esta cesión de espazos realízase mediante concurso público competitivo en que se valoran aspectos tan importantes como son a traxectoria de colaboración da empresa co CITIC e o impacto do proxecto de I+D+i que desenvolverá no Centro.

  • Empresas que actualmente están situadas no CITIC:

                              

                        

                            

  • Empresas que estiveron situadas no CITIC:

              

O CENTRO

ÁREAS TECNOLÓXICAS

ACTIVIDADE

OFICINA DE PRENSA

CONTACTO

INTRANET

FUNDACIÓN