castelángalegoinglés
 
 
 
CITIC - Centro de Investigación TIC  
youtube_citic  linkedin_citic   facebook_citic   twitter_citic   google+_citic  Universidade da Coruña

CITIC verde

Dende o CITIC vemos como unha aposta de valor a política ambiental baseada na eficiencia enerxética, que puxemos en marcha. Por este motivo aplicamos tódolos mecanismos posibles para obter unha sustentabilidade ambiental, económica e social baseada na protección do medioambiente. Esta sustentabilidade baseámola nas seguintes accións:

Eficiencia fotovoltaica - Paneis solares

  • Na cuberta do edificio dispoñemos dunha instalación fotovoltaica cos seguintes elementos:

  • Campo solar de 60 paneis de silicio monocristalino de 150W, que suman un total de 9 kW.
  • Paneis dispostos a 34º sobre estrutura metálica fixa de aceiro galvanizado ancorada sobre dados de formigón apoiados directamente en cuberta.
  • Orientación sur perfecta, 0º.
  • 3 inversores monofásicos de 2,5Kw cada un, o que dá unha potencia nominal de 7,5 kW.

Durante o primeiro ano de funcionamento obtivéronse os seguintes valores:

  • Produción anual aproximada aos 10.000 kW.h eléctricos
  • Contribución anual de aforro de 9,8 Ton/CO2 

 

Eficiencia na iluminación (ver vídeo demostrador)

  • Aforro enerxético mediante iluminación intelixente.
  • Aceso automático de luces.
  • Detectores de presenza.

Eficiencia no aforro de auga:

  • Cisternas de descarga interrompida con aviso "Dálle outra vez" para interromper a descarga.
  • Dobre pulsación en cisternas
  • Billas temporizados, redutores de caudal e perlizadores ou atomizadores.
  • Fontes de Auga de instalación a rede que ademais do aforro de auga reducen o impacto ambiental ao evitar o uso de vasos de plásticos, etc.

Outros mecanismos de aforro enerxético e mellora ambiental

  • Recollida de pilas, baterías, materiais contaminantes, cartuchos de tinta, tóneres, papel, cartón, etc. para reciclaxe especializada.
  • Radiadores de mellora enerxética mediante aviso de temperatura ideal.

O CENTRO

ÁREAS TECNOLÓXICAS

ACTIVIDADE

OFICINA DE PRENSA

CONTACTO

INTRANET

FUNDACIÓN