castelángalegoinglés
 
 
 
CITIC - Centro de Investigación TIC  
youtube_citic  linkedin_citic   facebook_citic   twitter_citic   google+_citic  Universidade da Coruña

Percepción, cognición e interacción

  • ​Sistemas intelixentes

O sistema intelixente completo inclúe “sentidos” que lle permiten recibir información da súa contorna, actuar en función da información procesada e arquivar o resultado das súas accións. Inspeccionando a súa memoria pode aprender da súa experiencia e mellorar o seu rendemento e eficiencia.

  • Sistemas recomendadores

Os sistemas recomendadores baséanse nun tipo específico de técnica de filtro de información a partir de certos ítems, por exemplo películas, música, libros, noticias, imaxes, páxinas web etc... que son de interese para un usuario en particular. Xeralmente, un sistema recomendador compara o perfil de usuario con algunhas características de referencia dos temas e busca predicir o ranking ou ponderación que o usuario lle daría a un ítem que o sistema aínda non considerou. 

  • Visión artificial

Disciplina científica que inclúe métodos para adquirir, procesar, analizar e comprender as imaxes da realidade co fin de producir información numérica ou simbólica para que poida ser interpretada por un computador. Interveñen distintas diciplinas como a xeometría, a estatística e a física. As imaxes pódense obter por diversos medios caso de cámaras de vídeo ou escáneres médicos.

  • Localización e monitorización de movementos

Combinando técnicas de visión artificial, sistemas de aprendizaxe e sistemas intelixentes, elabóranse padróns que permiten predicir a evolución de determinadas formas ou figuras a partir dos rexistros do seu movemento.

O CENTRO

ÁREAS TECNOLÓXICAS

ACTIVIDADE

OFICINA DE PRENSA

CONTACTO

INTRANET

FUNDACIÓN