castelángalegoinglés
 
 
 
CITIC - Centro de Investigación TIC  
youtube_citic  linkedin_citic   facebook_citic   twitter_citic   google+_citic  Universidade da Coruña

Áreas tecnolóxicas

 

A actividade do CITIC organízase ao redor de dous Sectores Funcionais:

  • Contornas SMART: Desenvólvense solucións TIC relacionadas con computación na nube (cloud computing), IoT, fogar dixital, administración electrónica e SmartCities-Territories.
  • Retos Sociais: Aliñado coas prioridades establecidas polas políticas europeas de investigación como son: saúde, benestar e envellecemento activo; sociedade dixital e humanidades; recursos naturais-biotech; desenvolvemento sustentable-enerxía; mobilidade e transporte.

Esta estrutura permite aliñar as accións de I+D+i desenvolvidas no Centro coas políticas de I+D a nivel europeo, nacional e rexional, así como coa estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia.
Paralelamente e de modo transversal a estes dous sectores funcionais, pivotan as tres áreas tecnolóxicas do CITIC:

 

Como soporte e complemento a estas tres áreas trabállase probando software (testing) e a súa utilizabilidade.


Ciencia de datos e información

Ciencia de datos e información

Centrada na xestión e a análise de datos e información. Nela desenvólvense solucións baseadas en sistemas de información, recuperación de información, sistemas de almacenamento de datos, xestión documental, sistemas de información xeográfica, estatística, modelos e métodos matemáticos e simulación, aprendizaxe máquina e BigData.

Percepción, cognición e interacción

Percepción, cognición e interacción

Comprende os aspectos da intelixencia do software e, por tanto, cobre un amplo espectro de técnicas de  Intelixencia Artificial centrándose nos sistemas baseados en coñecemento, sistemas intelixentes, sistemas recomendadores e visión artificial, así como na localización e monitorización de movementos.

Arquitectura de computadores, sensórica e comunicacións

Arquitectura de computadores, sensórica e comunicacións

Orientada ao hardware e á mellora dos aspectos funcionais do software. Nela impleméntanse solucións relacionadas coa computación de altas prestacións (HPC), a computación distribuída ou cloud computing, a computación gráfica, a sensórica, a localización e posicionamento, as comunicacións radio e sen cables, a informática móbil e, en xeral, IoT e ciberseguridade.

O CENTRO

ÁREAS TECNOLÓXICAS

ACTIVIDADE

OFICINA DE PRENSA

CONTACTO

INTRANET

FUNDACIÓN