castelángalegoinglés
Citic_logo
Citic_location_map
Centro de investigación TIC
Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña - España
Tel. +34 981 16 70 00
Fax. +34 981 16 70 92
citic@citic-research.org

Ciencia de datos e información

  • Sistemas de información

O incremento do largo de banda dispoñible nas conexións a Internet, xunto coa inclusión de novas tecnoloxías nos navegadores web, permitiu que se abandonen os sistemas de información tradicionais construídos con aplicacións de escritorio para pasar a sistemas de información baseados en aplicacións web que se executan e visualizan nun servidor web. Exemplos claros destas aplicacións son iniciativas como Google Apps (Docs, Sites, Calendar etc.), aplicacións como as redes sociais, Flickr etc.

  • Recuperación de información, modelos matemáticos e xestión documental

O gran volume de información que xera a sociedade actual crea a necesidade de dispor de novos sistemas de procura e sitúa a énfase na obtención de técnicas e algoritmos que se adapten ás necesidades da información empresarial, utilizando técnicas de recuperación da información na páxina web tendo en conta restricións de seguridade e privacidade.

  • Aprendizaxe máquina

A aprendizaxe máquina é unha rama da intelixencia artificial cuxo obxectivo é desenvolver técnicas que permitan ás computadoras aprender. De modo concreto, trátase de crear programas capaces de xeneralizaren comportamentos a partir dunha información non estruturada subministrada por exemplos. 

  • Sistemas de información xeográfica

Os sistemas de información xeográfica (SXI) son grandes sistemas software que almacenan de forma integrada información alfanumérica e xeográfica o que lles proporciona un gran potencial para o desenvolvemento de aplicacións en distintos ámbitos. Este tipo de sistemas informáticos, ao proporcionaren os datos sobre o territorio ligados á súa cartografía, constitúen unha infraestrutura idónea para un amplo número de aplicacións de grande interese e utilidade tanto para as administracións públicas como para diferentes tipos de empresas.

  • Matemática aplicada, estatística e investigación operativa

 O obxectivo é desenvolver actividades de investigación e transferencia no ámbito dos modelos matemáticos e os métodos numéricos para a resolución de problemas reais con aplicacións industriais e empresariais. Desenvólvense solucións baseadas na modelaxe matemática dos procesos e produtos, a súa análise matemática e o deseño dos métodos numéricos máis eficientes para a súa resolución, a implantación dos algoritmos en computador para a simulación dos procesos con aplicacións informáticas a medida ou a utilización de ferramentas de cálculo de altas prestacións cando o custo computacional así o require.

O CENTRO

ÁREAS TECNOLÓXICAS

ACTIVIDADE

OFICINA DE PRENSA

CONTACTO

INTRANET

FUNDACIÓN