castelángalegoinglés
 
 
 
CITIC - Centro de Investigación TIC  
youtube_citic  linkedin_citic   facebook_citic   twitter_citic   google+_citic  Universidade da Coruña

Arquitectura de computadores, sensórica e comunicacións

  • ​Computación avanzada

Baséase no deseño e manexo de sistemas complexos que requiren dunha eficiencia computacional extrema. Téñense en conta aspectos como a arquitectura de computadores e a computación de altas prestacións (HPC), desenvolvendo software para redes de altas prestacións e reducindo o tempo de resposta de aplicacións. As liñas principais de investigación céntranse en comunicacións Java de alta velocidade, modelos gráficos por computador e visualización científica, e cloud computing.

  • Sistemas distribuídos e arquitecturas orientadas a servizos

Perséguese a análise, modelaxe, desenvolvemento, validación, verificación e avaliación do rendemento de sistemas formados por axentes software distribuídos lóxica ou fisicamente sobre unha rede de computadores.
As liñas investigadoras neste ámbito céntranse en mellorar a calidade no software en termos de dispoñibilidade e rendemento e en reducir custos durante todo o ciclo de vida do desenvolvemento (facer máis barato o software fiable e máis fiable o software barato).

  • Sensórica, comunicacións e informática móbil

Sen dúbida, as comunicacións sen fíos constitúen hoxe en día o segmento máis dinámico e de maior crecemento no hipersector das tecnoloxías da información e as comunicacións.
Boa proba diso é o enorme impacto económico e social que provocaron tecnoloxías como a telefonía móbil, as redes sen cables de acceso a Internet, os sistemas de conexión sen fíos periféricos ou as redes sen fíos de sensores.
As liñas de traballo céntranse en desenvolver novas tecnoloxías que sexan capaces de mellorar as prestacións das redes sen fíos en termos de velocidade de transmisión, retardo, consumo, custo e cobertura para abordar con éxito os retos que expoñen as aplicacións emerxentes.

 

Proxectos neste área

Plataforma basada en UAV´s de apoyo a la decisión en el ámbito forestal
Efficient Thermal Comfortt
Sistema de seguridad en interiores con drones autónomos
Localización en interiores (continuación del proyecto inLOC)
localización de plaza de aparcamiento en interiores

O CENTRO

ÁREAS TECNOLÓXICAS

ACTIVIDADE

OFICINA DE PRENSA

CONTACTO

INTRANET

FUNDACIÓN